Segundo vídeo que realizo, neste caso o fixen en grupo con dous compañeiros da miña clase de TIC, Martín Bello e Jorge Sampayo. A idea principal foi facer unha receta de cociña, xa que é unha idea fácil de facer e na cal podemos facer diferentes planos fotográficos, sobre todo o plano en picado e o plano xeral, a partir de aquí se nos ocorreu facer unhas tortitas "americanas" ao noso estilo. Simplemente a partir de aquí quedamos un día e preparamos todo o material para que se puidese realizar o vídeo de maneira o máis profesional posible. Para a grabación contamos ca cámara Sony 750D, de Martín, a cal graba a 1080p en 30 fotogramas e o trípode de Jorge para estabilizar a imaxe. En temas de edición, o vídeo o editei eu con axuda do programa "Sony Vegas Pro 13", foi un vídeo custoso de editar sobretodo para recortar as partes da receta nas cales non pasaba nada necesario para poñer e tamén para facer o esquema do vídeo. Tamén ao editalo, na parte dos ingredientes tiven que añadir audio a parte grabado por mín, finalmente apliqueille unhas transcións feitas por mín e o renderizei. Os elementos que utilicei para realizar o vídeo foron:
·Música: X I X X - pillow talk e Ofenbach vs. Nick Waterhouse - Katchi
·Videos propios da cámara.
·Programa: Sony Vegas Pro 13
No hay comentarios:
Publicar un comentario