martes, 19 de junio de 2018

TRABALLO FINAL PARA FÍSICA E QUÍMICA!

Último traballo, nesta ocasión para Física e Química sobre as bolsas de plástico e o seu impacto medio ambiental. A nivel técnico e audiovisual está realizado ca canon 600D e editado en Sony Vegas por mín, espero que vos guste e vos concienciedes!


domingo, 10 de junio de 2018

A MIÑA PÁXINA WEB!

Rematamos este primeiro ano de TIC 1 en primeiro de bacharelato co deseño dunha páxina web, máis ben a base para construír a nosa propia páxina web e todo isto grazas a nosa profesora Marga e aos titoriais xa mencionados anteriormente de codeacademy nos cales apredenmos moitas cousas relacionadas co deseño web e sobre a programación coas linguaxes de programación: HTML e un pouco de CSS. Neste traballo tivemos que realizar unha páxina web co programa Sublime Text, o cal funciona realmente ben, e para facelo tivemos que axudarnos dunha páxina web chamada W3Schools, a cal e moi interesante xa que ten todo tipo de bloques para html e css coa finalidade de facer o que nos queiramos, no meu caso introducir unha barra de navegación e un vídeo. Na portada da miña páxina web intrucín o que sería o inicio e o xeral para saber sobre que iría esta; Despois na páxina 2, creei un apartado de noticias, no cal puxén un vídeo (editado en Sony Vegas) sobre unha noticia nova do skate xustamente en Vigo; E por último, un apartado sobre a moda vinculada ao mundo urbano e exclusivade, moi interesante. Espero que vós guste e grazas a todos por este magnífico ano, en concreto a Marga, un saúdo!



viernes, 8 de junio de 2018

VIDEO DO NOSO PROXECTO AUDIOVISUAL!

Neste vídeo quixemos demostrar a través da ciencia, en específico da química, comprobar o potencial enérxetico do azúcar utilizando diversos materiais e instrumentos que pudemos  encontrar no laboratorio do noso instituto para realizar este proxecto, en axuda do noso profesor de física y química Diego. A nivel audiovisual este vídeo o fíxemos grabando ca cámara de Martín, a Canon EOS 750D e un trípode prestado, despois a nivel de edición usamos o Sony Vegas pro 13 e con un pouco de música e aplicando sencillas transcións para coordinar as escenas conseguimos este resultado, esperemos que vos guste, moitas grazas por todo!