viernes, 15 de diciembre de 2017

RETRATO CON INKSCAPE!

RETRATO!



 
Seguimos usando Inkscape neste caso para facer un retrato da persoa que quixeramos e eu elixín a a Bart Simpson. Utilizei ferramentas como debuxo de curvas Béizer e liñas rectas, editar nodos de proxecto e sobre todo a creación formas xeométricas e a alternancia de capas de forma que ao duplicalas se unisen ou se diferenciasen para crear sombras e asi foi como debuxei este retrato. Levoume bastante tempo e espero que vos guste, pronto subirei máis exercicios, disfrutade das festas e Feliz Navidade a todos!

PRIMEIRA VEZ CON INKSCAPE!

Inkscape!

Comezamos con Inkscape, un editor de gráficos vectoriais gratuito que nos permite crear e editar diagramas, liñas, gráficos, logotipos, e ilustracións complexas. Neste programa comezamos facendo un Corazón a partir dun circulo e ca ferramenta editar nodos de proxecto modifiquei este. Despois fixemos un pequeno boneco no que xa utilizamos máis ferramentas como crear estrelas, dibuxar curvas Béizer e liñas recta e a alternancia de capas sobre todo a través da diferenza de estas para poñer sombras aos ollos ou ao boneco en sí, espero que vos guste o meu inicio, xa iremos progresando pouco a pouco!
 
 

 

INTRODUCCIÓN A AUDACITY E EDICIÓN DE AUDIO!


                                                 

    AUDACITY!


Primeira vez que utilizamos Audacity, para o que non o coñeza, é un famoso programa para editar audios de maneira libre. Eu descarguei a canción de Post Malone chamada rockstar é fixen como un remix como si estuvera na radio presentádoa, para isto grabei o meu audio de forma independente e o importei a audacity, despois descarguei a instrumental desta canción e púxena de fondo co obxectivo de dinamizar o audio, a continuación do meu audio e da instrumental añadín a canción e apliqueille os efectos wahwah, high pass filtrer e ao final unha reverberación cunha desvanización progresiva. Finalmente introducín un efecto de transición de audio cando comeza e cando acaba o audio ca miña vóz. Por último fixen a portada con gimp (usando a máscara de capa, a opacidade e diferentes capas) do video e mezclei esta co audio finalizado utilizando o famoso programa de editor de video Sony Vegas pro13 e renderizei este para subilo a YouTube, xa que en SoundCloud saltábame o Copyright e ao subilo a YouTube non me saltaba debido a que o subín en oculto. Espero que vos guste!


viernes, 1 de diciembre de 2017

DESEÑO CAMISETA EN GIMP!

DISEÑO DE CAMISETA!

 

Utilizamos o gimp esta vez para realizar un deseño de camiseta a partir dunha camiseta básica png de internet e a tuvemos que editar con diferentes funcións e complementos do gimp como cambiar o modo da imaxe ou duplicar estas e  con axuda de google imaxes fixen este increíble diseño para adaptar a camiseta básica negra ao logo de nike, ao bolsillo ca imaxe de yordan e a terra, dando a entender como se fora unha camiseta do mundo enteiro.